Podedes ver as actividades que temos abertas para inscribirvos no seguinte enlace:
Contra a violencia machista
Redes sociais
CATEGORÍAS
INFORMACIÓN DE INTERESE
MEMORIAS DO CLUB
Novas por mes
Podedes ver as actividades que temos abertas para inscribirvos no seguinte enlace:
Dende Andatui informámos que o sábado 4 de maio celebraremos a XX Andainatudense Solidaria 2024.
Cita anual para desfrutar dos sendeiros que nos levan ata a cima do monte Aloia. A solidaridade será a favor de SOS Tomiño Baixo Miño, motivo polo que pediremos que no momento da recollida do dorsal se entregue un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
Xa está a túa disposición toda a información e inscrición no seguinte enlace: www.andatui.es
https://www.andatui.es/xx-andainatudense-solidaria-2024/
Xa temos abertas as inscricións para a IX Andaina Terras de Altamira – Concello de Brión
O Concello de Brión e a Asociación O Esquío No Piñeiro, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, a Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizan a IX edición da ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN o vindeiro sábado 11 de Maio de 2024 a partir das 9:00h. nas inmediacións da Carballeira de Santa Minia (Brión). Esta andaina é unha proba oficial da Federación Galega de Montañismo e está integrada dentro da Liga Galega de Sendeirismo e da Liga Ibérica de Sendeirismo da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada que se desenvolverán ao longo do ano 2024.
O prazo de inscrición para a ruta estará aberto até o 7 de maio e é posible inscribirse para as distancias de 16, 36 ou 50 quilómetros. Os maiores de 14 anos poderán anotarse por 15 euros até o 31 de marzo, até o 21 de abril por 18 euros e do 22 de abril ao 7de maio por 16 euros e sen opción aos agasallos incluídos na bolsa do senderista. Para menores de 14 anos a inscrición é de 8 euros, aínda que máis aló do 21 de abril tampouco inclúe a bolsa.
Os participantes contarán con avituallamientos con auga, bebidas isotónicas, refrescos, froitas, empanada, bocadillos e barritas enerxéticas, así como con servizos de médico, ambulancia, seguro de accidentes, duchas, piscina cuberta, recollida en caso de accidente ou lesión e aparcadoiro. As persoas finalistas recibirán diploma e medalla segundo a distancia realizada.
https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/ix-andaina-terras-de-altamira-brion-2024/
Adxúntovos o enlace para realizar as inscricións á
I PROBA DA COPA DE ESPAÑA DE ESCALADA DE BLOQUE E VELOCIDADE, CUENCA 13 e 14 DE ABRIL
https://www.indoorwall.com/evento/copa-espana-bloque-y-velocidad-primera-prueba-2024/
Podedes facer a inscrición na VII Andaina do Condado Marqués de Vizhoja 2024 neste enlace:
https://tracktherace.com/es/eventos-deportivos/otros/andaina-do-condado-marques-de-vizhoja
Atención: hoxe 23/03/2024 hai subida de prezos para a VII Andaina do Condado, incremento de prezo de 3€.
Inscripcions abertas ata o 30/03/2024 ás 23:59H.
17ª ANDAINA BISBARRA DO SAR
CONCELLOS de PADRON, ROIS e DODRO
Sábado, 13 de Abril de 2024
CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (32+18), que transcorre por sendas, ríos, pistas forestais, sendeiros e aldeas con chan asfaltado.
Información: http://andainabisbarradosar.com/a-proba/
Inscricións: https://www.avaibooksports.com/inscripcion/andainas-bisbarra-do-sar-2024/inscripcion_datos/
O percorrido terá 2 aneis e será diferente a anos precedentes. Non utilizarán vasos nos avituallamentos, o dorsal será tipo pulseira e non van facilitar o track da proba.
Publicado o 12/12/2023. Actualizado o 23/03/2024.
Hoxe temos unha tristísima nova, das que nunca queremos ter.
Coñecemos o falecemento do noso magnífico compañeiro Xosé Manuel Díaz García.
Lucense de nacemento, santiagués de adopción e galego por compromiso. Montañeiro e amante da natureza. Amigo, culto, respetuoso e amable.
Botarémoste en falta sempre.
Descanse en paz.
**** APERTURA DE INSCRICIÓNS o día 01/02/2024 ****
**** SORTEO DE 10 PARTICIPACIÓNS GRATUÍTAS ENTRE OS INSCRITOS ANTES DO 25/02/2024 ****
O día 1/02/2024 ábrense as inscricións para AndaGuláns de 2024.
Este ano a andaina ten o alcume de “Ruta dos Pementos” e quere promover distintos produtos relacionados co Pemento de Guláns.
Poderedes facer a inscrición neste enlace desta web https://25km.es/gulans/
Santi informa que superou os 1500 km e que pasou ata a illa sur. Agora ven un territorio de máis altitudes e máis preto do sur, polo que gozará de novas paisaxes e de impresionantes cumios.
Seguimos atentos á esta marabillosa expedición.