Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/50km-boqueixon-camporrapado-unha-proba-mais-dura-do-agardado/
Export date: Thu Mar 28 19:10:37 2024 / +0000 GMT

50km Boqueixón - Camporrapado. Unha proba máis dura do agardado.


Fervenza do Toxa - 50km BoqueixonEste ano a marcha de Boqueixón, chamada "ruta do colesterol", foi máis dura que o ano anterior. Un percorrido fermoso, impresionante e con moito bosque, pero que foi duro polas constantes subidas e baixadas. Un rompe pernas, no que os socios de Xistra chegaron en gran número: máis de 15 socios remataron a proba. O tempo acompañou e facilitou que a andaina fose levadeira. Incluso houbo momentos en que as temperaturas foron demasiado baixas.50km Boqueixón.
Cremos que os organizadores teñen que re-pensar o do nome da andaina: será bo para o colesterol, pero sempre que non te dea un ataque ó corazón!!
Agradecemos tamén a colaboración de Sonia López, de Galifisio, que foi de gran axuda ós nosos deportistas coas súas boas prácticas de fisioterapeuta.
Post date: 2013-05-13 11:31:15
Post date GMT: 2013-05-13 09:31:15

Post modified date: 2013-05-13 12:03:02
Post modified date GMT: 2013-05-13 10:03:02

Export date: Thu Mar 28 19:10:37 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com