This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Wed Apr 24 0:25:51 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Abertas as inscricións para o II Open de Andainas 25km --------------------------------------------------- Abrimos hoxe a inscrición para o II Open de Andainas 25km. Este ano hai algunhas novidades: Cambia de nome algunha proba e incorporamos un destino novo. A primeira proba será a de MontesDeVigo25km é partirá dende o Campo de Fútbol do Coruxo no Fragoselo. Será o día 8 de marzo de 2015. Logo virán as probas de Gondomar25km, a novidade de Pontedeva25km e finalizaremos na interesante proba de Tui25km. É importante suliñar que este ano axustamos os prezos de inscrición e que podedes beneficiarvos dos descontos por inscrición en varias probas dunha vez. Debedes descargar a folla de excel e encher os datos. Se tendes problemas, contactade co club. Agardámosvos. Máis datos e inscricións en http://xistra.org/copaandainas25/ --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/bannerIIOpen-300x99.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2015-02-18 00:46:58 Post date GMT: 2015-02-17 22:46:58 Post modified date: 2015-02-24 20:14:45 Post modified date GMT: 2015-02-24 18:14:45 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com