This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Apr 19 11:32:06 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Agardando información da Marcha de Veteranos de Ribeira Sacra. --------------------------------------------------- Marcha veteranos FGM 2012 O noso amigo Antón do C.M. Ribeira Sacra vainos enviar datos sobre a actividade que vai organizar para a FGM o día 8/09/2013. Sabemos que será pola Ribeira Sacra do Sil lucense e sabemos que xa foron visitar o percorrido. Sabemos que despois da marcha teremos unha comida de confraternidade. Supoñemos que teremos un autobús dende Vigo. ... O que si sabemos con certeza é que o percorrido non admite avituallamentos pola organización, polo tanto cada un deberá levar o seu na súa mochila. Pero seguro que será unha xornada especial. Moi "especial" para os que o día anterior temos a andaina de Ribeira! Aínda así, estaremos alí. E todos vós facede a inscrición na nosa web. --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/2013/08/FinaldaMarcha-300x164.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2013-08-23 10:55:00 Post date GMT: 2013-08-23 08:55:00 Post modified date: 2013-08-23 10:55:00 Post modified date GMT: 2013-08-23 08:55:00 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com