Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/aprazada-a-proba-de-tui25km/
Export date: Fri Mar 29 7:34:54 2024 / +0000 GMT

APRAZADA A PROBA DE TUI25km


Notificamos a tódolos inscritos de Tui25km 2018, evento previsto para o día 11, que con motivo das malas previsións meteorolóxicas que ameazan con fortes ventos e situacións de alerta, estamos a dar os pasos necesarios (autorizacións de entidades públicas) para aprazar a proba unha semana. Polo tanto a nova data para a proba de Tui é o domingo día 18/11/2018.

Así mesmo establécese coma nova data de final de inscrición o día 14/11/2018.

Para aqueles inscritos que non poidan asistir á proba a consecuencia do cambio de data ábrese de forma excepcional o dereito a solicitar a devolución da inscrición e disporán ata o luns 12 para poder reclamar os seus cartos. Os interesados nesta devolución deben remitir un correo electrónico que no concepto indique o nome da proba (Tui25km - Open de Andainas), o seu DNI e os seus Nome e Apelidos, e "Solicitude de Devolución Inscrición" dirixido a consulta@championchipnorte.com

Os que non soliciten a devolución ata o día 12 serán considerados inscritos en firme na proba do día 18/11/2018, e non terán dereito á devolución.

Dende o Clube de Montaña Xistra pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar tendo en conta que son alleas a nós e só motivadas polas adversas previsións meteorolóxicas.

Clube de Montaña Xistra
Post date: 2018-11-07 19:25:13
Post date GMT: 2018-11-07 17:25:13

Post modified date: 2018-11-26 15:42:05
Post modified date GMT: 2018-11-26 13:42:05

Export date: Fri Mar 29 7:34:54 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com