This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Mar 28 10:56:19 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Asembleas Ordinara e Extraordinara de Xistra --------------------------------------------------- XISTRA CONVOCATORIA ASEMBLEAS XERAIS 2014 ASEMBLEA XERAL ORDINARIA Pola presente comunicamos a convocatoria para a Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día: 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2. Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2013 3. Resumo de actividades 2013, proxecto 2014. 4. Axudas a deportistas. 5. Rogos e preguntas. Coincidindo coa Asemblea faranse entrega dos premios/axudas ós socios xa federados neste 2014. Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2014. ATENCIÓN: O lugar da reunión será o local A do Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17, 36209 de Vigo. O día será o venres 24 de xaneiro de 2014, en única convocatoria, ás 20:00 horas. ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA Pola presente comunicamos tamén a convocatoria para a Asemblea Xeral Extraordinaria, co seguinte orde do día: 1. Modificación dos Estatutos do Club O motivo da modificación dos Estatutos é por imperativo legal, e o obxectivo é a súa adecuación ós requisitos da Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia. O lugar da asemblea será o local A do Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17, 36209 de Vigo. O día será o venres 24 de xaneiro de 2014, ás 21:00 horas en primeira convocatoria e ás 21:30 horas en segunda convocatoria. Nun correo electrónico os socios recibistes o texto modificado pendente da súa aprobación. Sen outro particular, recibide un atento saúdo Henrique Freixeiro Presidente --------------------------------------------------- Images: --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2014-01-16 11:21:48 Post date GMT: 2014-01-16 09:21:48 Post modified date: 2014-01-16 11:21:48 Post modified date GMT: 2014-01-16 09:21:48 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com