This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ http://xistra.org ]
Export date: Wed Aug 15 0:53:46 2018 / +0000 GMT

Camiñada 50 km - Entrimo



XV Camiñada de Montaña de Entrimo.

O vindeiro día 21 de abril do 2018 terá lugar a XV Camiñada de Montaña de Entrimo, cun percorrido de 50 quilómetros dividido en dúas etapas de 26 e 24 quilómetros cada unha delas que discurrirán pola Serra de Queguas, Penedos de Anamao (situados a unha altitude de 1.150 metros) Dolmen da Moura, inmediacións da Serra do Quinxo, Os Castelos, Pía da Moura, Área Recreativa de Pacín; e todo elo dentro do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés declarado Reserva da Biosfera.

O seu inicio terá lugar na Alameda do Concello, en Terrachán (Entrimo) ás 9.00 horas. O longo do traxecto situaranse postos de avituallamento de bébida e froita. Cara o mediodía e na mesma Alameda, os participantes da camiñada poderán repor forzas coa comida que ofrezca a organización.

A duración da proba é de 12 horas (de 9.00 horas – a 21.00 horas).

Información e Inscricións: no Concello de Entrimo (Tfno 988434.666 / Fax 988434.610) email: concello.entrimo@eidolocal.es e na web www.concelloentrimo.es

www.galitiming.com

www.andainaentrimo.galitiming.com

As inscricións pecharanse o xoves 19 de abril 2018 ás 23.59 horas. O prezo da inscrición será de 10 euros para NON FEDERADOS e de 8 euros para FEDERADOS.

 

 


Post date: 2018-04-04 22:03:25
Post date GMT: 2018-04-04 20:03:25
Post modified date: 2018-04-04 22:03:53
Post modified date GMT: 2018-04-04 20:03:53

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com