This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Apr 25 23:07:02 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Charla-proxección sobre escalada de dificultade. --------------------------------------------------- Os compañeiros do Club Peña Trevinca (Vigo) invítannos a participar nunha charla e proxección moi interesante: "" O pasado mes de setembro Carlos Garrido Igrexas, de Peña Trevinca, e Juan Riva, de Montañeros Celtas, conseguían escalar os 1200 metros da cara Norte de Grandes Jorasses, unha das máis famosas e difíciles dos Alpes, no macizo de Mont Blanc, situado na fronteira entre Francia e Italia. A vía escolleita foi Colton-Macintyre o que lle suma aínda máis valor a esta conquista. Aproveitando a estancia de catro días de Carlos en Vigo, ofrécenos a posibilidade de asistir a unha proxección-charla sobre esta actividade. Será o vindeiro sábado DÍA 20, ás 19:30 HORAS no LOCAL da rúa Brasil 46-Etlo., 36204 Vigo. Perfecta ocasión para achegarnos un pouco á escalada de gran dificultade. Non volo podedes perder! "" --------------------------------------------------- Images: https://fbcdn-sphotos-e-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xpa1/t31.0-8/10856839_821138134609347_2113015244436846206_o.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2014-12-18 11:59:31 Post date GMT: 2014-12-18 09:59:31 Post modified date: 2014-12-18 11:59:31 Post modified date GMT: 2014-12-18 09:59:31 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com