This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Mar 28 19:09:23 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Curso de Montañismo Invernal - FGM --------------------------------------------------- Está aberta a inscrición para a próxima fin de semana do Curso de Montañismo Invernal en Torrebarrio (León). Está pensado para un contacto de iniciación co medio nevado, practicando movementos con crampóns e piolet. Practicaranse autodetencións para caídas en neve. O prezo son 85€. Inclúe a durmida no refuxio, pero non inclúe comidas. Tendes máis información chamando á Federación (986 20 87 58) e preguntando polo Director Técnico (Xosé Manuel). A folla de inscrición obrigatoria está en http://www.fgmontanismo.es/descargas/FICHAINSCRICIONCURSOSEGAM.pdf Debedes facer a inscrición directamente na Federación pero, de tódalas formas, debedes mandar copia da folla de inscrición a Xistra, co fin de que nós saibamos cantos e quen ides ó curso. Estes cursos contan como actividades federativas para o baremo económico que repartimos en Xistra para os socios a fin de ano. --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20131208_PenaOrniz-150x150.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2015-03-07 01:00:44 Post date GMT: 2015-03-06 23:00:44 Post modified date: 2015-03-05 22:43:34 Post modified date GMT: 2015-03-05 20:43:34 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com