Diplomas marchas 50 km

Pregamos que, os socios que teñan realizado marchas de 50 km da Copa Galega de Andainas de 50km FGM, remitan copias dos correspondentes diplomas ó noso club canto antes.

Lembrámosvos que para recibir o trofeo acreditativo da Copa facía falta completar 6 probas, pero como foi cancelada a última, a Federación rebaixou o requisito a 5 (cinco) probas para este ano 2018.

Deberedes enviar estas copias de diplomas antes do día 31 de outubro de 2018.

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.