Escalada nas Fragas do Eume.

Importante para os escaladores:
Días pasados, uns federados que estaban a practicar a escalada nas Fragas do Eume foron preguntados se informaran da actividade que estaban a facer á Dirección do Parque. Como ninguén estaba informado dese requisito, non levaban ningún papel que acreditase a solicitude para a práctica da escalada.
A Federación púxose en contacto ca Dirección do Parque e este é o resultado:

  • A escalada non está prohibida no parque, pero para a súa práctica, será requisito necesario presentar vía correo electrónico unha solicitude que a autorice.
  • Os datos que figurarán na solicitude teñen que ser, a data, o sector e o número de escaladores.
  • O correo electrónico hai que envialo con acuse de recibo

A dirección de envío do correo electrónico é a seguinte:
conservacion.coruña@xunta.es
copia do mesmo correo: fragas.eume@xunta.es
A día de hoxe, non se producíu ningunha restricción ni sanción, pero co fin de evitar calquer malentendido e que podamos seguir a desfrutar da escalada nesa contorna, pregámosvos que cumprades cos procedementos do Parque.

         

Esta entrada fue publicada en FGM, Rincón do Socio, Varios. Guarda el enlace permanente.