This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Mar 29 6:35:51 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Escalada nas Fragas do Eume. --------------------------------------------------- Importante para os escaladores: Días pasados, uns federados que estaban a practicar a escalada nas Fragas do Eume foron preguntados se informaran da actividade que estaban a facer á Dirección do Parque. Como ninguén estaba informado dese requisito, non levaban ningún papel que acreditase a solicitude para a práctica da escalada. A Federación púxose en contacto ca Dirección do Parque e este é o resultado: A escalada non está prohibida no parque, pero para a súa práctica, será requisito necesario presentar vía correo electrónico unha solicitude que a autorice. Os datos que figurarán na solicitude teñen que ser, a data, o sector e o número de escaladores. O correo electrónico hai que envialo con acuse de recibo A dirección de envío do correo electrónico é a seguinte: conservacion.coruña@xunta.es copia do mesmo correo: fragas.eume@xunta.es A día de hoxe, non se producíu ningunha restricción ni sanción, pero co fin de evitar calquer malentendido e que podamos seguir a desfrutar da escalada nesa contorna, pregámosvos que cumprades cos procedementos do Parque. --------------------------------------------------- Images: http://www.turgalicia.es/imaxes/mdaw/mta4/~edisp/~extract/TURGA108829~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2016-04-06 20:26:50 Post date GMT: 2016-04-06 18:26:50 Post modified date: 2016-04-07 00:01:24 Post modified date GMT: 2016-04-06 22:01:24 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com