This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Tue Apr 23 8:29:21 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Éxito da Marcha de Vivac FGM - Xistra --------------------------------------------------- Ascensión ó Fontefría A XXVI Marcha de Vivac da FGM celebrouse esta fin de semana pola Serra do Xurés. Se a participación foi un pouco escasa, isto non desmereceu a actividade. Organizada e levada en horario, permitiu a realización de forma tranquila, o que facilitou que tódolos participantes gozaran das fermosas e graníticas vistas desta serra. A auga foi máis escasa do que estaba previsto, pero en ningún momento fixo perigar a actividade. O vivac foi realizado baixo o Nevosa. A noite foi tranquila e alumeada polas estrelas e a Vía Láctea. Trepada no tramo final do Fontefría. No final da marcha en San Paio (Lobios), despois de refrescarse no bar da aldea, uns participantes gozaron das duchas do Refuxio federativo de Albite e outros das pozas do río Caldo. Realizouse a clausura da actividade no restaurante A Entrimeña, entregando uns agasallos conmemorativos e funcionais. Participaron 3 socios de Celtas, 4 de Fontiñas, 1 de Budiño Trail, 6 de Trevinca M.G. e 9 de Xistra. Marcha de Vivac 2013 Podedes ver vídeos da subida neste enlace: aquí       --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/2013/06/DSCN1092-300x225.jpg http://xistra.org/wp-content/uploads/2013/06/DSCN1116-300x225.jpg http://xistra.org/wp-content/uploads/2013/06/WP_20130616_019-300x168.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2013-06-17 12:37:07 Post date GMT: 2013-06-17 10:37:07 Post modified date: 2013-07-30 16:44:34 Post modified date GMT: 2013-07-30 14:44:34 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com