Para unha alta nova debes solicitar o ingreso en Xistra. Non é un proceso automático, polo que non debes pagar ata que sexas aceptado no club. Os pasos son os seguintes:
1.- Solicitas a túa alta mandando a seguinte documentación e agardando á súa aceptación polo club (precisas o aval de 2 socios).
1.1.- Fotocopia do DNI
1.2.- Unha foto tamaño carné
1.3.- Imprime, cumprimenta, pide que asinen os avalistas e entrega o seguinte documento de alta (pdf)
1.4.- FAI CHEGAR ESTES DOCUMENTOS ESCANEADOS AO CLUB MEDIANTE ESTE ENLACE DE PREINSCRICIÓN – SOLICITUDE DE PREINSCRICIÓN
2.- Unha vez que recibas a aceptación, deberás facer o pagamento da licenza e da cota social conxuntamente no número de conta que te indiquen dende o club, indicando no concepto “Licenza” e os teus apelidos.
Documentos de renovación anual de socios:
Imprime, cumprimenta e entrega o
seguinte documento de renovación (pdf)
Actualiza os teus datos e fai o pagamento con este enlace
PASARELA WEB PARA RENOVACIÓN DE SOCIOS