Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/informacion-importante-sobre-licenzas-2018/
Export date: Thu Mar 28 19:05:49 2024 / +0000 GMT

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE LICENZAS 2018




O CLUBE DE MONTAÑA XISTRA SÓ VAI TRAMITAR LICENZAS FEDME.

En acordo da Xunta Directiva tomado por unanimidade O DÍA 20/12/2017 decidiuse que o Clube de Montaña Xistra non vai tramitar licenzas autonómicas FGM. Só van poder tramitarse licenzas FEDME.

Na sesión tomouse o acordo tal como indicamos: "Ante la opción de tramitar licenzas FEDME ou autonómicas para o exercicio 2018, a Xunta Directiva toma o acordo unánime de tramitar unicamente as licenzas FEDME. Polo tanto para ser socio do C.M. Xistra deberase facer o pagamento da cota anual e dunha licenza FEDME."

ESTA INFORMACIÓN E DECISIÓN PASA A SER PÚBLICA E NON ADMITE EXCEPCIÓNS. SE ALGUÉN DESEXA TRAMITAR A LICENZA AUTONÓMICA CON COBERTURAS LIMITADAS DEBERÁ FACELO NOUTRAS ENTIDADES DEPORTIVAS.




Nota: Xa están os prezos das licenzas na web da federación e na de Xistra. No club, por temas de peche contable, imos comezar a tramitalas a partir do día 1 de xaneiro.
Para os socios o proceso vai ser moi fácil, pois en Xistra estamos traballando nun sistema de reserva e pagamento por web. Recibiredes máis información a primeiros de ano.
Saúdos e felices festas.
O Presidente
Post date: 2017-12-21 19:36:00
Post date GMT: 2017-12-21 17:36:00

Post modified date: 2018-02-06 13:08:12
Post modified date GMT: 2018-02-06 11:08:12

Export date: Thu Mar 28 19:05:49 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com