This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ http://xistra.org ]
Export date: Sat Nov 18 13:58:45 2017 / +0000 GMT

Licenzas con Xistra



Os dous requisitos para ser socio/a de Xistra é pagar a cota anual (10€ - ano 2017) e tramitar a licenza deportiva FEDME a través do noso club.

Os prezos da licenza para 2017 son os que podedes descargar neste pdf -> PrezosLicenzaFGM2017

Nestes prezos van incluídas as cotas da Federación Galega de Montañismo, da FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada), e o seguro médico de accidentes deportivos na montaña. Elixe a túa licenza pensando na actividade que vas facer. Se despois queres facer máis cousas, podes pedir unha ampliación de coberturas (consultar no club).

Oferta especial para socios infantís 2017

ATENCIÓN:

Dende o 1/01/2017 ata o día 31/03/2017, XISTRA vai facer unha oferta destinada a tódolos nenos e nenas de menos de 13 anos. Os socios infantís que se inscriban nese periodo terán a licenza federativa e a cota social 2017 gratuíta (o que supón un agasallo de 28€). O único requisito é que un adulto (pai, nai ou titor) tramite conxuntamente a súa licenza e cota anual (Sempre 1 a 1, un neno - un adulto).

Lembrade que facemos esta oferta para incentivar a participación nas actividades infantís-xuvenís denominadas PEQUE-RUTAS.

Agardámosvos.

(Nota: a licenza infantil será A ou B; para categorías superiores deberán abonar a totalidade).

 

 


Post date: 2016-12-04 18:58:10
Post date GMT: 2016-12-04 16:58:10
Post modified date: 2016-12-04 21:00:27
Post modified date GMT: 2016-12-04 19:00:27

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com