Clube de Montaña Xistra
http://xistra.org/licenzas-con-xistra/
Export date: Sun Apr 22 16:25:38 2018 / +0000 GMT

Licenzas con Xistra


Os dous requisitos para ser socio/a de Xistra é pagar a cota anual (10€ - ano 2018) e tramitar a licenza deportiva FEDME a través do noso club.

Os prezos da licenza para 2018 son os que podedes descargar neste pdf -> PrezosLicenzaFGM2018 1

Nestes prezos van incluídas as cotas da Federación Galega de Montañismo, da FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada), e o seguro médico de accidentes deportivos na montaña. Elixe a túa licenza pensando na actividade que vas facer. Se despois queres facer máis cousas, podes pedir unha ampliación de coberturas (consultar no club).

Oferta especial para socios infantís 2018


ATENCIÓN:
Dende o 1/01/2018 ata o día 31/01/2018, XISTRA vai facer unha oferta destinada a tódolos nenos e nenas de menos de 13 anos. Os socios infantís que se inscriban nese periodo terán a licenza federativa e a cota social 2018 gratuíta (o que supón un agasallo de 29€). O único requisito é que un adulto (pai, nai ou titor legal) tramite conxuntamente a súa licenza e cota anual (Sempre 1 a 1, un neno - un adulto).

Lembrade que facemos esta oferta para incentivar a participación nas actividades infantís-xuvenís denominadas PEQUE-RUTAS.

Agardámosvos.

(Nota: a licenza infantil será A ou B; para categorías superiores deberán abonar a totalidade).
Links:
  1. http://fgmontanismo.es/licenza/
Post date: 2016-12-04 18:58:10
Post date GMT: 2016-12-04 16:58:10

Post modified date: 2017-12-22 15:04:09
Post modified date GMT: 2017-12-22 13:04:09

Export date: Sun Apr 22 16:25:38 2018 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ http://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com