Marcha e Campamento Infantil – Xuvenil 17-18/10/2015

Marcha Infantil 2010

Marcha Infantil 2010

Xistra organiza o Campamento e Marcha Infantil – Xuvenil da FGM os días 17 e 18 de outubro. Será na serra do Xurés, en Albite. Os nenos poderán poñer as súas tendas xunto ó refuxio, ou durmir no mesmo. Os interesados deberedes inscribirvos en Xistra ou na FGM.

Aberto o prazo de inscrición!
REMATA A INSCRICIÓN O XOVES 15 ÁS 19:00H

Apúntate en: https://xistra.org/inscricion-marcha-e-campamento-infantil-xuvenil-17-18102015/

Datas: 17 e 18 de outubro de 2015
Lugar: Refuxio de Albite (Concello de Muíños – Provincia de Ourense).
Hora de recepción no refuxio o día 17: 18:00h
Hora clausura no refuxio o día 18: 17:00hHaberá almorzo pola mañá gratuíto subministrado pola organización.

Pódese durmir acampado xunto ó refuxio ou no interior do mesmo.
Débese levar merenda e cea do sábado, así como o xantar do domingo.

Cada neno será responsabilidade do seu titor ou do monitor que leve do seu club. Tódolos nenos deberán ir acompañados e tutelados polos seus pais/titores ou persoas designadas por estes; os organizadores de Xistra non farán de titores de ningún neno.

Haberá opción de asistir dende Vigo en autobús a un prezo de 10€, se hai inscritos suficientes. O horario do bus será: Saída da Pza. de España ás 16:00h 17/10/2015
Regreso aproximado ó mesmo lugar ás 19:00h 18/10/2015.

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.