Marcha e Campamento Infantil – Xuvenil 20-21/06/2015

Marcha Infantil 2010

Marcha Infantil 2010

Xistra organiza o Campamento e Marcha Infantil – Xuvenil da FGM os días 20 e 21 de xuño. Será na serra do Xurés, en Albite. Os nenos poderán poñer as súas tendas xunto ó refuxio, ou durmir no mesmo. Os interesados deberedes inscribirvos en Xistra ou na FGM.

Lamentamos comunicarvos que esta actividade foi aprazada sine die por la escasa inscrición de clubs e o reducido número de rapaces anotados. Dende Xistra, por unha parte queremos pedir desculpas, en nome da Federación e do noso club, ás persoas que estaban inscritas por esta molestia totalmente allea a elas; e por outra banda desexamos destacar que, a pesares desta penosa situación, non perdemos ilusión en poder realizar unha actividade interesante e divertida cos rapaces nalgunha fin de semana de setembro ou outubro.

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM, Rincón do Socio. Guarda el enlace permanente.