Marcha FGM Veteranos – Federación galega – 10/09/2017

XXIX MARCHA GALEGA DE MONTAÑEIROS VETERANOS
10 de SETEMBRO de 2017
Pontedeva (Ourense) PR-G 175 e PR-G 176

Sairá un autobús dende a Praza de España de Vigo, ás 8,00h, polo prezo de 7€.
O lugar de encontro para os que veñan de fora de Vigo podería ser na estación de servizo de A Cañiza (preto da saída da Autovia A52). Contactar coa FGM.
Rematada a Marcha teremos o xantar de confraternidade, para os que o desexen, polo prezo de 12€ no restaurante da Bodega Val do Deva.
Os participantes con 40 anos cumpridos recibirán un agasallo conmemorativo.
O prazo para anotarse a esta actividade remata o xoves día 7 ás 21h

Os socios de Xistra interesados en asistir, deben comunicarlle a Xistra o seu interese, mediante un correo electrónico a info@xistra.org ou chamando ó teléfono 886117011.

         

Esta entrada ha sido publicada en Actividades, FGM y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.