This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sat Apr 20 4:14:12 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Monte Aloia - Peque Ruta Xistra - 25/10/2015 --------------------------------------------------- Tralo descanso do verán, retomamos as actividades de Peque Rutas. Esta vez a proposta é ascender ó Monte Aloia dende a aldea de Frinxo. Unha bonita ruta que tamén ten recunchos moi interesantes por descubrir... Lembrade que a actividade é aberta para non socios, que é gratis, e que os nenos sempre deben ir acompañados dun adulto que se faga responsable deles. Debedes facer a inscrición (indicando un móbil de contacto) a través do formulario da nosa web. Inscricion pequeruta Monte Aloia - 25102015 Datos para organizarnos... a noite do sábado para o domingo ... cambiamos a hora do reloxo!!!! Polo tanto atentos que non vos confundades!! 08:45h - Quedamos de reunirnos todos cos nosos coches na Praza de América (na parada xunto á estatua do Emigrante - biblioteca). Desprazarémonos ata a aldea de Frinxo (Tui) subindo pola estrada do Galiñeiro e Prado. 09:30h - Intentaremos comezar a andar antes das 10:00h Son 4 km de ascensión e 4 de baixada. É de agardar que esteamos todos de regreso a Frixo antes das 14:00. ... e logo: Tarde libre!! --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/peque_rutas2015-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2015-10-04 12:25:50 Post date GMT: 2015-10-04 10:25:50 Post modified date: 2015-10-26 13:32:20 Post modified date GMT: 2015-10-26 11:32:20 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com