This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Sat Apr 20 16:30:31 2024 / +0000 GMT

NOVAS DATAS - CURSO DE ESCALADA EN FENDAS


A Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) mantén aberta a posibilidade de aprender a escalar en fendas empregando seguros móbiles, e dicir, friends e empotradores. Para iso hai novas datas do curso que son o 28 e 29 de setembro. Os contidos e programa segue a ser o mesmo, podedes consultar o pdf do curso na área de formación, igual que o director do curso, José Juan, especialista de escalada en fendas.

Todos os que esteades interesados podedes inscribirvos xa. No caso de que haxa participantes de Xistra, recibirían unha subvención do club de 40€ (cun límite dos 4 primeiros inscritos).

Ollo! Desta actividade xa hai información en pdf (ver aquí). Son esixibles uns coñecementos previos.

 
Post date: 2013-09-17 12:04:24
Post date GMT: 2013-09-17 10:04:24
Post modified date: 2013-09-23 10:32:34
Post modified date GMT: 2013-09-23 08:32:34
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com