ANULADO – Open Carreira Vertical Ría de Vigo – 5/06/2016

ANULADO

Open Carreira Vertical Ría de Vigo

COMUNICADO

O Clube de Montaña Xistra informa que, dado o escaso interese en inscrición na proba de carreira vertical (única no calendario federativo de 2016 nesta modalidade) denominada Open Carreira Vertical Ría de Vigo – Vertical Sprint Moaña 2016 –, procédese a anular a citada proba.

Así mesmo, e como consecuencia desta anulación, a celebración do Campionato Galego de Carreira Vertical da Federación Galega de Montañismo, queda en suspenso.

Infórmase ás persoas que estaban inscritas que recibirán a devolución dos seus cartos mediante un abono na propia tarxeta coa que fixeron o pago en championchipnorte.com

Dende o club queremos agradecer os apoios e traballos efectuados por parte de tódolos voluntarios da nosa entidade, así como a gran colaboración e os esforzos recibidos por parte das institucións federativas e civís, en particular ás Comunidades de Montes de Domaio e Meira, pero moi especialmente ó Concello de Moaña.

Os interesados que desexen algunha información poden contactar co club no teléfono 886117011. Vigo, a 1 de xuño de 2016

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.