Parabéns para Manolo «Andarín»!

Outro ano superouse Manolo. A marcha de 50 de Salceda de Caselas, organizada polo Coto e dirixida por Manuel Fernández Ramírez, volveu ser un exito de organización e os participantes gozaron das fermosas paisaxes e dos interesantes percorridos deste 2017.

O club aproveitou para facerlle un recoñecemento por esta décima edición da marcha de Salceda de Caselas (e arredores!!!).

O Clube de Montaña Xistra
a
D. Manuel Fernández Ramírez
En recoñecemento ao seu labor xunto co Centro Cultural, Deportivo e Social O Coto na organización das Andainas de 50 km no Concello de Salceda de Caselas. 20 de maio de 2017

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM. Guarda el enlace permanente.