PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESÍA E RAQUETAS F.G.M. 2019

PERCORRIDO ESQUÍ DE TRAVESÍA E RAQUETAS F.G.M. 2019
02 DE FEBREIRO

Data: Sábado 2 de febreiro
Hora saída: 09h30 Aparcadoiro preto da Igrexa da Cueta
Lugar da actividade: Peña Orniz – 2.191m
Lugar de Saída: La Cueta 1.440m
Desnivel: +/-800m
Dificultade:EM, Non exixe demasiado nivel de esquí, xa que se trata dunha travesía con pendentes moderadas e pouco compromiso.
Lonxitude: +/- 8,6 km Ida

Material: Deberá levarse material proprio para unha actividade de alta montaña en inverno. Debe revisarse o material de esquí e raquetas. Levar gorro, luvas, polainas, roupa de abrigo e impermeable, gafas de factor 3 ou superior, crema protectora, frontal, comida, bebida
Material adicional: Crampóns e piolets.
É obrigatorio material de seguridade de esquí de travesía: ARVA, pala e sonda

Cambios na actividade: A organización pode cambiar ou suspender a data e lugar en función das condicións meteorolóxicas e de neve.

Inscricións: A través de Xistra [Só socios de Xistra]

Obrigatorio: Ficha federativa en vigor ano 2019

Podedes facer a inscrición neste enlace INSCRICIÓN



         

Esta entrada fue publicada en Actividades, FGM y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.