This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ http://xistra.org ]
Export date: Sun Mar 24 14:22:25 2019 / +0000 GMT

Subvencións e Axudas



Subvencións EXTINGUIDAS POR CAUSAS ALLEAS (Tentaremos dar outro tipo de axudas):

Os importes de subvención do ano próximo estarán en función a un reparto por participación en actividades do presente ano. Asígnase un importe para reparto durante o ano presente de aproximadamente 1.500€ mediante concurrencia competitiva entre tódolos socios. O sistema de puntuación será o mesmo que o establecido pola FGM. No reparto entran tódolos socios que teñan 3 puntos ou máis do baremo da FGM. Se no reparto proporcional a cantidade asignada a un socio non alcanza os 5€, estes importes se sumarían ó socio con maior puntuación.
 
Para os maiores de 65 anos, poderá existir unha subvención por idade. Estará en función das axudas que dea a Federación Galega para este colectivo.
Os maiores de 65 anos poderán compatibilizar a subvención por idade e por participación. (Subvención extinguida dende a Federación)
Sistema de puntuación do baremo da FGM (Baremo extinguido a causa das presións na Asemblea da FGM por deportistas e clubs alleos a Xistra):
    1. As actividades do calendario FGM (marchas, cursos, etc.) xeran 1 punto por participación.
    2. As actividades de carácter estatal do calendario da FEDME, recoñecidas pola FGM, xeran 2 puntos por participación.
    3. As actividades do calendario FGM de carácter internacional, xeran 3 puntos por participación.
    4. As marchas de 50 quilómetros, xeran 1 punto por marcha, sempre e cando o participante consiga o diploma acreditativo de finalización da marcha.

 

 


Post date: 2013-05-09 12:07:19
Post date GMT: 2013-05-09 10:07:19
Post modified date: 2018-12-20 14:45:56
Post modified date GMT: 2018-12-20 12:45:56

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com