This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Apr 19 21:39:26 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Travesía Costa Naviega 2014 - Día Nacional do Sendeirismo - FEDME --------------------------------------------------- Esta ano chega a XXVII Travesía Costa Naviega, un clásico que, os que xa imos tendo unha certa idade na montaña, sempre recordaremos polas boas xornadas de gozo que nos deron a moitos montañeiros galegos. Tamén lémbranos o "calvario" que tiñamos que pasar para chegar aló, hoxe superado pola mellora nas estradas. Pero este ano goza tamén dun aliciente máis: fan coincidente a XIII edición do Día Nacional do Sendeirismo, polo que é unha actividade FEDME. Dende a FGM informáronnos de que esta actividade asígna 2 puntos de baremo ós participantes, polo que vai resultar moi interesante asistir (pola actividade en si - que si que o vale - e polos puntos deportivos para o club e os deportistas). Podedes ver máis datos e inscricións en www.penafurada.es   --------------------------------------------------- Images: http://www.penafurada.es/mediapool/74/745434/resources/33300379.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2014-06-12 21:41:31 Post date GMT: 2014-06-12 19:41:31 Post modified date: 2014-06-12 21:43:50 Post modified date GMT: 2014-06-12 19:43:50 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com