Xa comezan os concursos

MonzonDende a súa aprobación en xaneiro deste ano, os socios do noso club poderemos facer os “Concursos” deportivos. Esta figura é un clásico noutros clubs máis antigos que Xistra, e facilita a dinamización da actividade individual e colectiva do club. Os socios inscríbense nunha categoría e, dentro do prazo (xeralmente anual), realizan ascensións a cumios que cumpran coa altitude ou dificultade do seu concurso.

Neste momento xa recibimos os primeiros “Partes de Ascensións” (neste caso son os infantís os que abriron a brecha) e agardamos que o resto dos socios comecen a interesárense nesta nova opción. Ademais, co tempo, faremos unha boa base de datos coas ascensións de cada deportista, o cal facilita dous obxectivos: Por unha banda facer unha guía escrita e ampla de ascensións que serva de axuda ós montañeiros máis novos; e por outra banda levar un historial de tódolos montes que cada socio vai ascendendo.

Animámosvos a participar.

XistraParteAscension

         

Esta entrada fue publicada en Actividades, Concursos. Guarda el enlace permanente.