This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Tue Apr 23 17:44:25 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: XXVII Marcha con Vivac. Courel - 14 e 15 de xuño --------------------------------------------------- Ascensión ó Fontefría - 2013 Seguindo co calendario de Actividades da FGM este ano o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia está a organizar a  XXVII Marcha Con Vivac. A mesma transcorrerá pola serra de o Courel os días 14 e 15 de xuño. O percorrido levaranos dende Baldomir, seguindo o curso do Lor, ata Seoane. Logo subiremos a Devesa de A Rogueira e o Formigueiros, montando o vivac xa pasado o porto de Visuña. Na xornada do domingo subiremos ao Faro, baixando logo a Horreos e Ferramulín. Rematada a actividade nos desprazaremos ao refuxio de A Seara onde teremos un xantar de confraternidade polo prezo de 8€. Un autobús sairá dende a praza de España de Vigo ás 7,00h do sábado podendo facer paradas en Ourense e Monforte para recoller aos compañeiros que o precisen. O prazo para apuntarvos en Xistra comeza xa e remata o mércores 11/06/2014. --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/2013/06/DSCN1092-300x225.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2014-05-26 12:11:29 Post date GMT: 2014-05-26 11:11:29 Post modified date: 2014-05-26 12:11:29 Post modified date GMT: 2014-05-26 11:11:29 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com