This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Wed Apr 24 11:00:49 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: 11/01/2020 – Aberta inscrición Noia25km --------------------------------------------------- Abertas as inscricións para a proba de 25 km e a proba curta en Noia, a celebrar o día 16 de febreiro de 2020. Os organizadores, o club Trabandainas, contan coa colaboración do Concello de Noia. Dende o club nos informan de que a ruta será algo máis longa e chegará a uns 26,7 km aproximadamente, cunha dificultade media. O peche de inscricións será o mércores 12 de febreiro, ás 23:59 horas. Coma o ano pasado, o punto de saída será a Alameda de Noia, fronte ao Concello. Lembrade que hai que acreditarse con tempo e que os federados deben presentar o seu DNI e a súa Licenza. A proba rematará no Polideportivo do Instituto San Alberto. Prezos: Noia 25 km – Federados: 10 € Noia 25 km – Non Federados: 13 € Noia 15 km – Federados: 6 € Noia 15 km – Non Federados: 9 € Podedes inscribirvos aquí – Web inscrición Noia25km --------------------------------------------------- Images: https://25km.es/wp-content/uploads/2020/01/DSCN7345b-150x150.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2020-02-05 13:42:34 Post date GMT: 2020-02-05 11:42:34 Post modified date: 2020-02-05 13:42:34 Post modified date GMT: 2020-02-05 11:42:34 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com