This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Mar 28 19:34:35 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: 12/03/2020 – Emerxencia Sanitaria Coronavirus COVID-19 --------------------------------------------------- Guláns, 12 de marzo de 2020 Ante as circunstancias de emerxencia sanitaria que estamos a sufrir, dende Andaguláns vémonos na necesidade de APRAZAR a Andaina de Guláns 25 km do próximo domingo 22 de marzo de 2020. A Asociación Artístico Cultural de Guláns, o Clube de Montaña Xistra e Andaguláns senten tomar esta decisión obrigados polas circunstancias que esta a sufrir o noso País. Unha vez superada esta emerxencia sanitaria proporemos nova data para a celebración da nosa Andaina. Todos aqueles andaríns que xa estean inscritos e non podan acudir na nova data, seralles devolto o importe da sua inscrición. A ORGANIZACIÓN Preguntas frecuentes: * As probas do Open aprazadas, ¿para cando van ser? Ante a situación de emerxencia de saúde pública, son as Autoridades Sanitarias e os Gobernos do Estado e das Comunidades Autónomas as responsables de marcar as medidas de protección individual e colectiva necesarias. As nosas organizacións deportivas, seguindo estas recomendacións, estaremos atentos para convocar as novas datas en función da diminución da alerta ou desaparición da mesma. En canto poidamos, procederemos a indicar as novas datas. * Ides devolver os cartos? Cando? Si, devolveremos os cartos se non podes asistir na nova data. Para facilitar a xestión, aqueles deportistas que xa estean inscritos e que por calquera motivo non poidan acudir na nova data asignada a esa proba, deben solicitar a devolución do importe da súa inscrición e os organizadores procederan coa maior dilixencia. --------------------------------------------------- Images: --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2020-03-12 20:56:53 Post date GMT: 2020-03-12 18:56:53 Post modified date: 2020-03-12 20:56:53 Post modified date GMT: 2020-03-12 18:56:53 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com