This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sat Nov 23 8:06:07 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: 17 abril 2021 - Bisbarra do Sar 50 km --------------------------------------------------- Estimados socios: Sabemos que a situación é complexa e que as normas varían dun día para outro, pero os compañeiros de Padrón seguen co optimismo de poderen realizar a marcha de 50 km para o próximo día 17 de abril. Piden que fagamos confirmación das nosas inscricións... novamente! ;-) Esta é a mensaxe que nos remitiron. Animádevos: ORG.: ASOC. COLECTIVO REMONTE & CONCELLO ROIS & CONCELLO PADRÓN & CONCELLO DODRO 14ª Andaina Bisbarra do Sar Sábado, 17 de Abril de 2021 Mascara: Poñela nos coches (traxectos ida-volta), zoas pechadas (recollida dorsais e diplomas), no casco histórico de Padrón, nos avituallamentos e na propia marcha en caso de non garantir a distancia de seguridade (no monte non se poderán formar grupos de máis de 25 persoas). Lavar as mans: Xel hidra-alcólico (facilitarao a organización). Recollida dorsais: Dende as 7:00 as 9:00 am. Un técnico sanitario poderá tomarlle a temperatura aos participantes. A saída: Farase no momento no que recolles o teu dorsal, e dicir, poderás saír a camiñar as 7:00. (despois das 9:00 xa non se darán dorsais, e polo tanto xa non se poderá facer a camiñada). Controis de paso: A o remate de cada anel Km: 16-34-50. (Non haberá retencións). Avituallamentos: Recomendase uso de mochila. Evitar aglomeracións. Haberá: bebidas (agua, refrescos, isotónicas); froita (laranxa e plátano); barriñas enerxéticas e bocadillos (nos Km 34 e 50). Vestiarios: Ao remate non haberá servizo de duchas. Pra facilitar a organización da proba, necesitase confirmar –do 1 ao 13 Abril (12 h)- participación. (e-mail: arturo@andainabisbarradosar.com). Con optimismo e ilusión ……… ¡ vémonos o 17 de Abril ! Nota: As condicións poderán variar segundo evolucionen as medidas anti-Covid. Asociación Colectivo Remonte --------------------------------------------------- Images: --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2021-04-02 20:56:27 Post date GMT: 2021-04-02 18:56:27 Post modified date: 2021-04-02 20:56:27 Post modified date GMT: 2021-04-02 18:56:27 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com