This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Apr 26 7:38:09 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: 19/04/2020 - Día do Sendeirista de Galicia --------------------------------------------------- Invitación da Federación e do club Os Sendeiros de Foz. Este ano, o noso club ten o pracer de organizala e agardamos que sexa do agrado de todos vos. Nós estamos traballando con ilusión para que novamente poidamos xuntármonos os Montañeiros e Sendeiristas Galegos nesta actividade que tanto nos une. Sirva este primeiro contacto para adiantarvos que a zona escollida para realizar esta actividade será no Concello de Folgoso do Caurel (Lugo) e a mesma transcorrerá polos sendeiros Ruta Devesa da Rogueira II. Que estas letras sirvan para animarvos e que animades aos vosos socios a participar nesta nova edición. Agardamos que deades a máxima difusión a esta actividade, na cal todolos participantes levarán o seu agasallo. Lembrarvos que todos os participantes deberán estar en posesión da licenza federativa. Nunha próxima comunicación vos daremos unha información mais detallada, quedando a vosa disposición para aclarar calquera dúbida que teñades sobre a mesma. Agardando saudarvos persoalmente nesa data, recibide mentres unha forte aperta. --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/PR-G176_Segatur.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2020-02-19 13:08:39 Post date GMT: 2020-02-19 11:08:39 Post modified date: 2020-02-19 13:08:39 Post modified date GMT: 2020-02-19 11:08:39 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com