This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Apr 26 14:45:35 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Actividade Familiar de Montaña Xistra Agosto (15-18/08/2013) --------------------------------------------------- Xa temos uns 19 asistentes apalabrados para a fin de semana do 15 ata o 18 de agosto. Estamos pendentes de poder actualizar a lista de asistentes. Cremos que a actividade ben merece a pena. Apuntádevos canto antes. Neste artigo actualizamos a información sobre a planificación destas xornadas. Planificación da actividade de agosto 2013 para familias en Torrebarrio (León). Xiblu Os interesados podedes ver o pdf que explica as actividades para cada día. Visitaremos a Cova de Valporquero, a fervenza do Xiblu, os Lagos de Saliencia e faremos actividades para os nenos. Se algúns queren podemos preparar unha ascensión máis dura para os maiores, como a subida a Peña Ubiña ou os Fontanes. Tamén levaremos unhas cordas e cintas para que os nenos, e os non tan nenos, aprendan a facer nós e unir cordas con seguridade. Agardamos que vos animedes a participar. 20130701 Circular Xistra Actividade Agosto-2013 --------------------------------------------------- Images: http://www.tiatordos.net/images/20090327233553_xiblu2_1000.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2013-08-07 10:05:59 Post date GMT: 2013-08-07 08:05:59 Post modified date: 2013-08-07 10:06:23 Post modified date GMT: 2013-08-07 08:06:23 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com