Lembrade que será o 13 e 14 de setembro de 2014 en Entrimo (Ourense). Precisaremos persoas colaboradoras os días 12, 13 e 14, non sendo obrigatorio axudar tódolos días.
Así precisamos algúns poucos colaboradores o venres 12, máis persoas o día 13 pola mañá, moitos máis axudantes o mesmo sábado pola tarde e, loxicamente coincidindo coa marcha do domingo, será necesaria a participación de moita máis xente o día 14 (para inscrición e controis, avituallamentos, marcaxe de ruta, equipos de seguimento e eventuais accidentes, grupo vasoira, etc.).
Para os socios que non poidan participar como voluntarios, pero que teñan claro que queren asistir coma participantes, tamén está aberta a inscrición no club dende xa.
]]>