This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Apr 25 11:15:49 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Actividade invernal en Manzaneda --------------------------------------------------- Alí irémonos o día 26 de xaneiro, onde os máis novos gozarán dunha xornada totalmente lúdica, deslizándose pola neve e, como non, facendo o tradicional boneco de neve. Os non tan novos, que prefiran realizar unha actividade un pouco máis seria, terán a posibilidade de realizar unha "raquetada" sinxela pola zona. Neste caso, se non se dispón do material axeitado, poderán solicitalo prestado ao club con tempo abondo, xa que hai unidades limitadas. A actividade farase no mesmo día, intentando chegar á estación invernal sobre as 11 da mañá e onde pasaremos o día. Cada un levará o seu avituallamento, sendo recomendable levar algún termo con bebida quente. Como os días son curtos, o retorno farémolo cedo. Non esquecer roupa e calzado de reposto. Os interesados en participar nesta actividade, enviade un correo ao Club, indicando o número de participantes e a que actividade vos apuntades, se á infantil ou á sénior. Se necesitades raquetas de neve, cubride esta ficha e enviala canto antes para non quedar sen elas. --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/2014/01/infantil.jpg http://xistra.org/wp-content/uploads/2014/01/raq-300x198.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2014-01-16 11:45:07 Post date GMT: 2014-01-16 09:45:07 Post modified date: 2014-01-16 13:28:39 Post modified date GMT: 2014-01-16 12:28:39 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com