This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Sat Nov 23 17:28:45 2024 / +0000 GMT |
Actualizada a sección de transparencia de XistraTralas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria celebradas o día 22/10/2021, vimos de incorporar na nosa web as Actas correspondentes a estas reunións. Así mesmo, substituímos os anteriores Estatutos polos novos aprobados por unanimidade. Informámosvos que xa pagamos as taxas correspondentes e tramitamos a solicitude de rexistro na Xunta de Galicia dos novos Estatutos sociais da nosa entidade. Tendes toda a información na páxina https://xistra.org/o-clube/ Tamén vos informamos que xa xustificamos as axudas da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo e quedan pendentes de xustificar unha da Deputación de Pontevedra e unha opcional da Xunta de Galicia. No momento de redactar esta nova, só percibimos o líquido da do Concello de Vigo. |
Post date: 2021-11-02 22:19:07 Post date GMT: 2021-11-02 20:19:07 Post modified date: 2021-11-02 22:47:38 Post modified date GMT: 2021-11-02 20:47:38 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |