This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Wed May 15 16:12:24 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Ascensión ó Montouto (O Courel) - Sábado 15/01/2022 --------------------------------------------------- Ascensión ó Montouto (O Courel) Sábado 15/01/2022 Saída de media montaña programada para o sábado 15 de xaneiro de 2022, dende al aldea do Robledo no Concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) partindo dende os 850 metros de altitude e chegando ó cumio do Montouto a 1.541 metros. A ascensión e baixada estímase nuns 16 km a realizar nunhas 5:30 horas. A saída precisa de roupa adecuada para o frío, víveres e bebidas. Debe realizarse en autosuficiencia pois non hai puntos de avituallamento. O asistentes deberán seguir tódolos protocolos anti-Covid-19. Os desprazamentos serán en vehículos particulares. Para a organización da actividade os asistentes deberán concentrarse en Vilamartín ás 9:30-9:45 horas (estímase que dende Vigo hai 2:30-2:45 horas de condución). Dende Vilamartín de Valdeorras faremos unha aproximación de case media hora en vehículos particulares ata a aldea do Robledo. Inscrición gratuíta e obrigatoria neste enlace. Pregase que os interesados tramiten antes do xoves as súas licenzas deportivas se non o fixeron aínda. Obrigatorio certificado de vacinación Covid da UE e recomendable un test negativo nas 24 horas previas. --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/2013/06/cropped-DSCN1092-220x300.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2022-01-12 01:21:32 Post date GMT: 2022-01-11 23:21:32 Post modified date: 2022-01-12 11:05:19 Post modified date GMT: 2022-01-12 09:05:19 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com