This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export date: Fri Mar 29 9:41:07 2024 / +0000 GMT

Begoña comenza a Expedición Himalaia 2014



Begoña Landesa << Xa chegou o momento. Por diante espéranme varias horas de voos, varios aeroportos, Vigo, Madrid, Istanbul, Katmandú e finalmente nunha avioneta. Chegarei a Lukla e aí, inicio da expedición. 21 días intensos de viaxes e trekinde aproximación e aclimatación.

Intentarei ascender o Gokyo Ri (5.340 m), o Kala Pattar (5.550 m ) e o Island Peak no Lothse ( 6.189 m. ), obxectivo da expedición.

Gozarei do espectáculo de ver de preto montañas de máis de 8.000 m. como Everest, Cho Oy, Lhotse, Ama Dablam.

Serán días de diversión, pero tamén duros, algo inevitable nunha expedición deste tipo.

De momento sinto algo de nervios e dúbidas. É normal.

Esta é a miña 5ª expedición, e a 2ª á Himalaia e espero que a experiencia me axude a que todo sexa máis doado.

Grazas aos que vos acordastes estes días de min, sobre todo as semanas pasadas polos sucesos acontecidos en Nepal.

Nestes momentos por alí teñen bo tempo, aínda que con máis frío do habitual para a época.

Una aperta e moitos bicos a todos os compañeiros do Club Xistra e en especial aos compañeiros das andainas.

Non terei comunicación externa pero cando poida mandarei algunha noticia.

Espero facer a foto coa bandeira do noso club para orgullo de todos.

Ata pronto. >>

Agardamos as túas novas e a reportaxe da expedición. Moita sorte e que teñas bo tempo.

 

 


Post date: 2014-11-05 22:10:05
Post date GMT: 2014-11-05 20:10:05
Post modified date: 2014-11-05 22:10:05
Post modified date GMT: 2014-11-05 20:10:05

Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. MS Word saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com