This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Mon May 20 6:18:20 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Camiñada de Entrimo 50km 2024 --------------------------------------------------- Hoxe 27/04/2024 ten lugar o incrible Ogro das probas de 50 km en Galicia... a superproba da Camiñada de Entrimo. Quizais non hai proba tan dura e esixente como a de Entrimo. Pola súa altitude e pola súa cambiante e dura climatoloxía. Por iso, ano tras ano, un reducido grupo de irreductibles galegos aínda segue resistindo e acodindo a unha fermosa aldea poboada por magníficos veciños no oeste ourensán. Terrachán fai de base para esta desexada e temida proba. Unha pena para o que escribe esta nova... que tiña que estar alí, en Entrimo, e que tivo que quedar en casa convaleciente... Moita sorte, forza e resiliencia para os socios de Xistra que atacan, a maior parte con éxito, esta fermosa proba. --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/Cartel-entrimo-50km-2024-150x150.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2024-04-27 13:29:00 Post date GMT: 2024-04-27 11:29:00 Post modified date: 2024-04-27 13:29:00 Post modified date GMT: 2024-04-27 11:29:00 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com