This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Apr 26 19:26:17 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Cancelado o VII Open de Andainas de Regularidade 25 km --------------------------------------------------- Estimados deportístas: No día de onte, 19/05/2020, en reunión telemática dos Organizadores das distintas probas do VII Open de Andainas de Regularidade 25 km tomáronse os seguintes acordos: 1.- A proba de Andaguláns25km que estaba aprazada polo estado de alarma do Covid-19, pasa a ser cancelada definitivamente e procederase a devolver os cartos das inscricións. 2.- As probas de Cuntis, Rianxo, Ponteareas e Vigo, que estaban pendentes de abrir as inscricións, acordan tamén cancelar a súa realización neste ano 2020. 3.- O Coordinador, de acordo co resto dos Organizadores, establece que nesta competición 2020 de sete probas, das que só foron executadas as dúas primeiras, non tendo realizado nin sequera a metade máis unha, non é pertinente a realización dunha clasificación oficial final e polo tanto quedan desertos os premios do Open. O VII Open de Andainas de Regularidade 25km queda deserto por causas de forza maior. Agardamos poder informarvos a final de ano das probas de 2021. Saúdos, saúde e sorte a todos. --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/logo25km-azul-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2020-05-20 20:09:04 Post date GMT: 2020-05-20 18:09:04 Post modified date: 2020-05-20 20:09:04 Post modified date GMT: 2020-05-20 18:09:04 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com