This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sat Apr 27 0:42:43 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Chandrexa Trail - Especial Carreiras --------------------------------------------------- Sabedes que o ano pasado comezamos a promoción para as Andainas de 50km. Agora queremos ver ós nosos socios como comezan a participar nas Carreiras por Montaña. Isto foi o que fixo que xa teñamos a nova indumentaria Xistra Xtremo, e que os nosos socios participaran na Carreira de Viveiro e tamén imos participar na de Maceda. Pero queremos máis. Interésanos moito que as socias participen nas carreiras e sabemos que algunhas de vós corredes habitualmente. Por iso pensamos que a de Chandrexa pode ser a carreira para dar o salto das "chicas". Así, as que queiran probar nesta carreira deben saber que terán unha camiseta de Xistra Xtremo e un premio adicional de 10€ por rematar. Non fai falta conseguir podio, só rematar e representar a Xistra. As interesadas tendes que avisar canto antes. --------------------------------------------------- Images: http://4.bp.blogspot.com/-LoerUxtazvk/UXJeSGTlEjI/AAAAAAAAFqY/n95vDpR_H74/s1600/Cartel+chandrexa+2013.jpg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2013-05-17 18:50:33 Post date GMT: 2013-05-17 16:50:33 Post modified date: 2013-05-17 18:52:53 Post modified date GMT: 2013-05-17 16:52:53 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com