Clube de Montaña Xistra
https://xistra.org/charla-proxeccion-sobre-escalada-de-dificultade/
Export date: Sat Nov 23 20:28:46 2024 / +0000 GMT

Charla-proxección sobre escalada de dificultade.


Os compañeiros do Club Peña Trevinca (Vigo) invítannos a participar nunha charla e proxección moi interesante:
"" O pasado mes de setembro Carlos Garrido Igrexas, de Peña Trevinca, e Juan Riva, de Montañeros Celtas, conseguían escalar os 1200 metros da cara Norte de Grandes Jorasses, unha das máis famosas e difíciles dos Alpes, no macizo de Mont Blanc, situado na fronteira entre Francia e Italia. A vía escolleita foi Colton-Macintyre o que lle suma aínda máis valor a esta conquista.
Aproveitando a estancia de catro días de Carlos en Vigo, ofrécenos a posibilidade de asistir a unha proxección-charla sobre esta actividade. Será o vindeiro sábado DÍA 20, ás 19:30 HORAS no LOCAL da rúa Brasil 46-Etlo., 36204 Vigo. Perfecta ocasión para achegarnos un pouco á escalada de gran dificultade.
Non volo podedes perder! ""
Post date: 2014-12-18 11:59:31
Post date GMT: 2014-12-18 09:59:31

Post modified date: 2014-12-18 11:59:31
Post modified date GMT: 2014-12-18 09:59:31

Export date: Sat Nov 23 20:28:46 2024 / +0000 GMT
This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com