This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Wed May 15 15:11:05 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Comeza a expedición Xistra 2023 - Manaslu – 8.163m --------------------------------------------------- Comeza a expedición Xistra 2023 - Manaslu – 8.163m O domingo 3/09/2023 o noso compañeiro Roberto López comeza a súa aventura para acadar o primeiro 8000 para a historia do noso club. Unha ascensión ó Manaslu, no Himalaia. Un cumio con 8.163m de altitude. Tras acadar o ano pasado, no Himalaia nepalí, dous cumios importantes (Island Peak de 6.160m e o Ama Dablam de 6.812m e gran dificultade técnica) agora pon o seu obxectivo no imponente Manaslu. É o seu primeiro intento a un dos 14 oitomiles existentes. Exactamente ten unha altitude de 8.163 mts, sendo a 8ª montaña máis alta do planeta. Sen dúbida, un gran desafío físico, técnico e psicolóxico. Na foto vemos a Roberto antes de tomar un dos numerosos voos que terá que coller nesta aventura. O club colabora económicamente na expedición. --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/Expedicion8000-2023-01-177x300.jpeg --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2023-09-04 14:00:55 Post date GMT: 2023-09-04 12:00:55 Post modified date: 2023-09-04 17:47:51 Post modified date GMT: 2023-09-04 15:47:51 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com