Clube de Montaña Xistra https://xistra.org/convocada-a-asemblea-xeral-ordinaria/ Export date: Sat Nov 23 12:49:21 2024 / +0000 GMT |
Convocada a Asemblea Xeral OrdinariaCONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2015 ASEMBLEA XERAL ORDINARIA Pola presente comunicamos a convocatoria para a Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día: Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2014 Resumo de actividades 2014, proxecto 2015. Axudas a deportistas. Rogos e preguntas. Acto de entrega de premios por Concursos de Montañismo Xistra 2014. Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2015. ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17, 36209 de Vigo. O día será o venres 13 de marzo de 2015, en única convocatoria, ás 20:00 horas. Haberá un acto no que faremos entrega dos trofeos por Concursos de Montañismo. Este ano reciben premio (correspondente á actividade de 2014) os seguintes socios: 3ª Categoría Base (menores de 15 anos): Alexandre F.L. 3ª Categoría Sénior: Eduardo Barrosa Picón Finalizada a Asemblea haberá unha invitación a uns pinchos nun local da zona. Sen outro particular, recibide un atento saúdo Henrique Freixeiro Presidente Convocatoria en pdf 1 |
Links:
|
Post date: 2015-03-09 02:00:20 Post date GMT: 2015-03-09 00:00:20 Post modified date: 2015-03-14 21:49:28 Post modified date GMT: 2015-03-14 19:49:28 |
Export date: Sat Nov 23 12:49:21 2024 / +0000 GMT This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |