This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Sun Nov 24 2:19:17 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: CONVOCATORIAS ASEMBLEAS XERAIS 2020 --------------------------------------------------- Estimado/a socio/a de número: O Presidente do Clube de Montaña Xistra de conformidade co disposto no artigo 17 dos vixentes Estatutos do Club, convócalle para que asista á Asemblea Xeral Ordinaria e á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar, a primeira delas, o venres día 17 de xullo de 2020 ás seguintes horas: ás 19:30 horas en primeira convocatoria, ou de non asistir o quórum necesario, ás 20:00 horas en segunda convocatoria. A Asemblea Xeral Extraordinaria será celebrada inmediatamente despois do peche da ordinaria. ASEMBLEA XERAL ORDINARIA Convocatoria segundo o Art. 17.1 dos Estatutos da Asemblea Xeral Ordinaria, co seguinte orde do día: 1.Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2.Lectura e aprobación, se procede, do Estado de Contas 2019. 3.Resumo de actividades 2019, proxecto 2020. 4.Rogos e preguntas. Só terán dereitos na asemblea os socios coa licenza tramitada de 2020. ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA Convocatoria segundo o Art. 17.2 dos Estatutos da Asemblea Xeral Extraordinaria, co seguinte orde do día: 1.Modificar os Estatutos do Club para incorporar a autorización para a celebración de Asembleas Xerais Ordinarias e Xuntas Directivas mediante medios telemáticos. IMPORTANTE Protocolo COVID-19: en cumprimento das medidas socio-sanitarias será obrigatorio o uso de mascara en todo momento e manter a distancia de seguridade entre os asistentes. Excepcionalmente tódolos interesados deberán solicitar a súa asistencia mediante a inscrición previa en https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/23/inscripcion/nueva dispoñible na web do club. ATENCIÓN: O lugar da reunión será no Edificio das Federacións Deportivas de Vigo, rúa Fotógrafo Luís Ksado 17 (zona Miñoca - Coia), 36209 de Vigo. --------------------------------------------------- Images: --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2020-07-07 19:42:26 Post date GMT: 2020-07-07 17:42:26 Post modified date: 2020-07-08 19:46:58 Post modified date GMT: 2020-07-08 17:46:58 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com