This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Thu Nov 21 10:05:19 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: Preguntas frecuentes (Frequently Asked Questions - FAQ) --------------------------------------------------- Preguntas frecuentes: Altas e renovación de socios: Xistra ten COTA DE ENTRADA ? Si. Pero para a primeira inscrición no club está BONIFICADA 100% e os novos socios non pagan nada pola primeira inscrición. A cota de entrada actual son 10 €. PERO os socios que non tramiten a súa licenza un só ano, no momento de pedir o reingreso deberán PAGAR A COTA DE ENTRADA COMPLETA QUE ESTEA EN VIGOR, se desexan volver a ingresar en Xistra. Que necesito para facer a licenza con Xistra ? Se es un novo socio consulta “Como é a alta dun socio novo”. Se xa es socio consulta “Como renovar a cota anual e licenza”. Se fuches socio e queres reingresar consulta “Pasos para o reingreso”. Como é a alta dun socio novo ? Para unha alta nova debes solicitar o ingreso en Xistra. Non é un proceso automático, polo que non debes pagar ata que sexas aceptado no club. Os pasos son os seguintes: 1.- Solicitas a túa alta mandando a seguinte documentación e agardando á súa aceptación polo club (precisas o aval de 2 socios). 1.1.- Fotocopia do DNI 1.2.- Unha foto tamaño carné 1.3.- Imprime, cumprimenta, pide que asinen os avalistas e entrega o seguinte documento de alta (pdf) 1.4.- FAI CHEGAR ESTES DOCUMENTOS ESCANEADOS AO CLUB MEDIANTE ESTE ENLACE DE PREINSCRICIÓN – SOLICITUDE DE PREINSCRICIÓN 2.- Unha vez que recibas a aceptación, deberás facer o pagamento da licenza e da cota social conxuntamente no número de conta que te indiquen dende o club, indicando no concepto “Licenza” e os teus apelidos. Como renovar a cota anual e licenza ? Documentos de renovación anual de socios: Imprime, cumprimenta e entrega o seguinte documento de renovación (pdf) Actualiza os teus datos e fai o pagamento con este enlace PASARELA WEB PARA RENOVACIÓN DE SOCIOS Pasos para o reingreso O procedemento é o mesmo que para os socios novos (con toda a achega de documentación, de avais, e co proceso de avaliación da Directiva), pero non gozarán da vantaxe da cota de entrada gratuíta, e deberán pagar a cota vixente no momento da solicitude. --------------------------------------------------- Images: --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2018-01-01 01:00:04 Post date GMT: 2017-12-31 23:00:04 Post modified date: 2019-12-28 19:33:06 Post modified date GMT: 2019-12-28 17:33:06 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com