This page was exported from Clube de Montaña Xistra
[ https://xistra.org ] Export date: Sat Nov 23 9:27:29 2024 / +0000 GMT |
Xistra - Candidatura polo estamento do Clubs nas eleccións FEDME 2020O Clube de Montaña Xistra, coma única entidade galega que leva participando ininterrompidamente na Asemblea Xeral da FEDME nos últimos 7 mandatos, volve a presentarse coma candidato para representar os intereses dos clubs galegos. Nestes 28 últimos anos asistimos a tódalas Asembleas Ordinarias e Extraordinarias da FEDME, facendo unha labor de apoio e fiscalización desta entidade estatal, tal como era a nosa obriga e así quedou reflectido nas actas das asembleas. Unha FEDME na que entramos coma asembleístas xa hai moito tempo; nunha época en que o domicilio social aínda estaba radicado en Madrid e nun momento de mala xestión que, lamentablemente, facía que a federación contara con enormes débedas e moi pouca presencia no deporte español. Nós, coma membros do estamento de clubs, fomos testemuñas e tamén partícipes na decisión do cambio cara unha presidencia radicada en Barcelona e dirixida por Joan Garrigós; tamén asistimos aos cambios positivos que levaron a esta Federación a ser unha entidade moi saneada economicamente, con máis e máis federados cada día; con novos deportes, con moita presencia nos medios de comunicación e con resultados incribles nas competicións internacionais de escalada, carreiras por montaña, esquí de montaña, etc. Agora é un momento de cambio. O Presidente Joan Garrigós non repite coma candidato. Por iso a nosa presencia é importante para apoiar e fiscalizar ao novo Presidente ou Presidenta, e á súa Xunta Directiva. Para que o traballo feito ata agora non poida ser dilapidado. Por iso os membros da Asemblea debemos ter capacidade e coñecer a historia da entidade. Para que a nova Federación non repita erros históricos e si manteña unha liña ascendente. E o único candidato galego entre os clubs que, indubidablemente, cumpre coa experiencia e o compromiso neste proceso electoral é Xistra. Por iso pregamos aos Presidentes das entidades galegas que apoien a nosa candidatura. Por favor, non faltedes o día 10 de 17:30 a 20:30 horas (horario electoral). Lugar de votacións: Federación Galega de Montañismo, rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17 – 36209 – VIGO |
Post date: 2020-11-13 22:02:20 Post date GMT: 2020-11-13 20:02:20 Post modified date: 2020-12-23 20:39:58 Post modified date GMT: 2020-12-23 18:39:58 |
Powered by [ Universal Post Manager ] plugin. HTML saving format developed by gVectors Team www.gVectors.com |