This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Wed May 15 3:47:00 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: FGM - Suspenden proba de Marcha Nórdica 2023 --------------------------------------------------- Comunicado da FGM A última proba da I Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica que tería que celebrarse no mes de outubro en Salvaterra do Miño, tense que suspender. Por este motivo e por as datas nas que nos atopamos  tomamos a decisión de que o Campionato de Galicia, que se celebrará en A Coruña o 17 de setembro, pase a ser tamén última proba de Copa. Desta maneira a Copa, finalmente, quedará conformada por catro probas ( Lugo, Santiago de Compostela, Pereiro de Aguiar e A Coruña). Para puntuar na copa hai que competir nun mínimo de dúas probas e se collerán os tres mellores resultados puntuando a última proba un 20% mais. As inscricións xa están abertas na web da Federación e o prazo para inscribirse remata o día 11 de setembro. Lamentamos os trastornos que esta situación na que nada puidemos facer para correxir poidan acarrear e, esperamosvos a todos os marchadores no que será unha gran festa da marcha nórdica. Vogalía de Marcha Nórdica Federación Galega de Montañismo --------------------------------------------------- Images: https://xistra.org/wp-content/uploads/logofgm-150x150.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2023-08-22 23:55:06 Post date GMT: 2023-08-22 21:55:06 Post modified date: 2023-08-23 14:35:55 Post modified date GMT: 2023-08-23 12:35:55 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com