This page was exported from Clube de Montaña Xistra [ https://xistra.org ] Export date:Fri Nov 22 4:11:21 2024 / +0000 GMT ___________________________________________________ Title: I Día do Sendeirista de Galicia --------------------------------------------------- Descarga o cartel 8 de maio de 2016 - Actividade federativa galega orientada a sendeiristas de tódalas idades. Será un percorrido duns 18km, guiado, en grupo, e onde os participantes levarán a súa bebida e comida para gozar na natureza. Non está prevista a asistencia durante o percorrido da marcha e os participantes deberán contar con todo o necesario para a mesma. Inscricións   Marcha: A marcha será realizada o domingo 8 de maio de 2016. Será de tipo circular dende a Ponte das Penas (Martín), lugar de inicio do sendeiro PR-G 94. A hora de inicio dende a Ponte das Penas será ás 10:00h. Descarga o folleto               Regulamento: 1-. Esta actividade terá lugar o día 8 de maio de 2016, na Serra da Groba (con acceso dende O Rosal). 2-. Poderán participar unicamente montañeiros federados. 3-. Os deportistas deberán ir provistos de todo o material e prendas adecuadas para a actividade incluídas as provisións de alimentos e bebida. 4-. As inscricións efectuaranse no formulario específico da web do Clube de Montaña Xistra, antes das 21:00 h do día 4 de maio (mércores). 5-. Os participantes nesta actividade asumen a aceptación completa deste regulamento. Calquera cuestión ou dúbida será resolta pola Organización, e a súa decisión será de obrigado cumprimento. 6-. Os participantes comprométense a seren respectuosos ó máximo co contorno. Queda prohibido totalmente deixar lixo ou residuos. 7-. A Organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente. 8-. SÓ PODERÁN PARTICIPAR ÓS FEDERADOS QUE FAGAN A INSCRICIÓN NA WEB DE XISTRA E QUE PRESENTEN CUMPRIMENTADA A FOLLA DE INSCRICIÓN OBRIGATORIA VIXENTE E DISPOÑIBLE NA PÁXINA WEB DA FEDERACIÓN. --------------------------------------------------- Images: http://xistra.org/wp-content/uploads/DiaSend16.png http://xistra.org/wp-content/uploads/DiaSend16_folleto-300x210.png --------------------------------------------------- --------------------------------------------------- Post date: 2016-04-19 16:30:08 Post date GMT: 2016-04-19 14:30:08 Post modified date: 2016-04-22 10:36:56 Post modified date GMT: 2016-04-22 08:36:56 ____________________________________________________________________________________________ Export of Post and Page as text file has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.gconverters.com